O Concello de Cabanas colabora con Betula na XIV Limpeza simultánea de ríos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través das áreas de medio ambiente e servizos, colabora coa Asociación para a Custodia do Bosque Atlántico Betula na XIV Limpeza simultánea de ríos, un evento que se celebra ao mesmo tempo en diferentes puntos de Galiza.

A actividade terá lugar o domingo, 26 de setembro, ás 10.30h no río Baa, ao seu paso polo Polígono Industrial de Vilar do Colo. O Baa é un dos ríos da contorna nos que se ten detectado un maior volume de residuos depositados polo ser humano.

As persoas interesadas en participar deben anotarse previamente, enviando os seus datos por WhatsApp ou Telegram aos teléfonos 651884692 ou 605355650, ou por correo electrónico a custodia.betula@gmail.com. Recoméndase acudir á cita con luvas que permitan protección e levar calzado axeitado (botas de sendeirisimo impermeábeis ou botas de goma).

Share.

Comments are closed.