Cabanas acolle a segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda 21-22

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O antigo campo de fútbol do Piñeiral da Madalena acollerá este domingo 26 de setembro, a partir das 11 horas, a segunda xornada da Liga Atlántica de Billarda (Conferencia Noroeste 2021 – 2022).

A actividade é froito da colaboración entre a Liga Atlántica de Billarda e a área de deportes do Concello de Cabanas, que xa no mes de xuño levaron a cabo unha actividade de difusión deste deporte, cunha moi boa acollida entre a veciñanza que se achegou a coñecelo e practicalo.

Share.

Comments are closed.