Sábado, Abril 27

O autor Xabier Quiroga participou no Club de Lectura de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

A última sesión do Club de Lectura de Cabanas contou coa participación telemática do autor de Izan o da saca ou La casa del nazi, Xabier Quiroga. A Animadora cultural e o Concello ao completo queren agradecer ao autor a súa participación xa que, aínda que non podía achegarse ata Cabanas, desde o primeiro momento mostrou a súa predisposición para ver a maneira de poder participar no dito Club de Lectura.

Xabier Quiroga naceu en Escairón (Lugo) e licenciouse en Filoloxía Galaico-Portuguesa e Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e foi profesor de Lingua e Literatura Galega.  Deuse a coñecer no terreo novelístico galego no 2002 con Atuado na braña, coa que foi finalista do Premio Xerais 2001, así como do Premio Arcebispo San Clemente 2002 e do Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002, recibindo o Premio Losada Diéguez 2002. No 2004 reapareceu coa novela Era por septiembre e no 2006 con Se buscabas un deus. As súas seguintes achegas consolidárono como un autor de referencia nas letras galegas: O cabo do mundo (no 2009) e Zapatillas rotas (no 2014), outorgáronlle os Premios da Crítica de 2010 e 2015, respectivamente. Por Izan o da saca (no 2015) recibiu o Premio Arcebispo San Clemente 2016. Co O baile dos estorniños (no 2021), que ten en común co O Cabo do Mundo e Izan o da saca a investigación histórica e a presenza do personaxe Reina, culminou a súa Triloxía da Ribeira Sacra. A súa novela máis recente é Coa man esquerda, deste mesmo ano.

Xabier Quiroga é un dos autores más representativos e lidos da narrativa galega actual. Na súa orixinal obra sobresae o intento de interpretar a realidade do seu país e das súas xentes a partir da historia máis recente, así como a busca do esencial do ser humano.

O Club de Lectura está organizado pola Área de Cultura do Concello de Cabanas e as persoas participantes reúnense, normalmente, o último venres de mes á tarde na Escola Laica (Casa de Cultura). Aquelas persoas interesadas en participar poden dirixirse ao correo cultura@cabanas.gal ou chamar ao 981 49 59 59, ext.3 para obter máis información e/ou anotarse.

 

[ES]

La última sesión del Club de Lectura de Cabanas contó con la participación telemática del autor de Izan o da saca o La casa del nazi, Xabier Quiroga. La Animadora cultural y el Concello al completo quieren agradecer al autor su participación ya que, aunque no podía acercarse hasta Cabanas, desde el primer momento mostró su predisposición para ver la manera de poder participar en dicho Club de Lectura.

Xabier Quiroga nació en Escairón (Lugo) y se licenció en Filología Galaico-Portuguesa y Filología Hispánica por la Universidad de Santiago de Compostela y ha sido profesor de Lengua y Literatura Gallega. Se dio a conocer en el terreno novelístico gallego en 2022 con Atuado na braña, con la que fue finalista del Premio Xerais 2001, así como del Premio Arcebispo San Clemente 2002 y del Premio Novela Europea Casino de Santiago 2002, recibiendo el Premio Losada Diéguez 2002. En el 2004 reapareció con la novela Era por septiembre y en el 2006 con Se buscabas un deus. Sus siguientes aportaciones lo consolidaron como un autor de referencia en las letras gallegas: O cabo do mundo (en el 2009) y Zapatillas rotas (en el 2014), le otorgaron los Premios de la Crítica del 2010 y 2015, respectivamente. Por Izan o da saca (en el 2015) recibió el Premio Arcebispo San Clemente 2016. Con O baile dos estorninos (en el 2021), que tiene en común con O Cabo do Mundo e Izan o da saca la investigación histórica y la presencia del personaje Reina, culminó su Trilogía de la Ribeira Sacra. Su novela más reciente es Coa man esquerda, de este mismo año.

Xabier Quiroga es uno de los autores más representativos de la narrativa gallega actual- en su original obra sobresale el intento de interpretar la realidad de su país y de sus gentes a partir de la historia más reciente, así como la búsqueda de lo esencial del ser humano.

El Club de Lectura está organizado por el Área de Cultura del Ayuntamiento de Cabanas y las personas participantes se reúnen, normalmente, el último viernes de mes por la tarde en la Escuela Laica (Casa de Cultura). Aquellas personas interesadas en participar pueden dirigirse al correo cultura@cabanas.gal o llamar al 981 49 59 59, ext.3 para obtener más información y/o para anotarse.

Share.

Comments are closed.