O autor Pedro Feijoo, Premio Xerais de novela 2023, participou no club de lectura do Concello

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

A última sesión do Club de Lectura do Concello de Cabanas, correspondente a este mes de febreiro, tivo a honra de contar coa presenza de Pedro Feijoo, autor de “Ninguén contará a verdade”, Premio Xerais de Novela 2023. A Animadora cultural quere agradecer o autor a súa amabilidade e predisposición, desde o primeiro momento no que se puxo en contacto con el, tanto para participar no dito Club de Lectura como para concluír asinando exemplares.

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Exerceu como produtor, compositor e músico. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro “Cousas do “Galicia”, por Castelao” (1997), ao que seguiu a crónica “Viva o Fu Remol!” (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: “Os fillos do mar” (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San clemente 2013 e Premio Frei Martín Sarmiento 2014; “A memoria da choiva” (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; “Morena, perigos e románica” (Xerais, 2015); “Os fillos do lume” (Xerais, 2017); “Sen piedade” (Xerais, 2018); “Un lume azul” (Xerais, 2019” e “Ninguén contará a verdade” (Xerais, 2023), Premo Xerais de Novela. Ademais publicou os libros “Camiñar o Vigo vello” (Xerais, 2018) e “Pequena historia de Vigo” (2022), en coautoría co ilustrador Xosé Tomás.

O Club de Lectura está organizado pola Área de Cultura do Concello de Cabanas. Trátase dunha actividade que se realiza de maneira presencial, e as persoas participantes reúnense, normalmente, o último venres de cada mes na Escola Laica (Casa da Cultura), ás 17:00 horas, para comentar e valorar as lecturas propostas tanto pola Animadora cultural, que é a súa coordinadora, como polas persoas que participan nel. É unha actividade pensada para persoas con inquedanzas culturais, vontade de ler e que queiran expresar as súas opinións sobre as lecturas propostas.

Como cada mes se propón unha lectura, se algunha persoa está interesada en participar só ten que poñerse en contacto coa Animadora cultural, ben de maneira telefónica (981 495 959, ext.3), ou ben por correo electrónico (cultura@cabanas.gal) para obter máis información e/ou anotarse.

 

[ES]

La última sesión del Club de Lectura del Ayuntamiento de Cabanas, correspondiente a este mes de febrero, tuvo el honor de contar con la presencia de Pedro Feijoo, autor de “Nadie contará la verdad”, Premio Xerais de Novela 2023. La Animadora cultural quiere agradecer al autor su amabilidad y predisposición, desde el primer momento en el que se puso en contacto con él, tanto para participar en dicho Club de Lectura como para concluir firmando ejemplares.

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) es licenciado en Filología gallega por la Universidad de Santiago de Compostela. Ejerció como productor, compositor y músico. Se dio a conocer como ensayista con su libro “Cousas do “Galicia”, por Castelao” (1997), al que siguió la crónica “Viva o Fu Remol!” (Xerais, 2005). Como narrador publicó las siguientes novelas: “Os fillos do mar” (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Xoán de San clemente 2013 y Premio Frei Martín Sarmiento 2014; “A memoria da choiva” (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Xoán de San Clemente 2015; “Morena, perigos e románica” (Xerais, 2015); “Os fillos do lume” (Xerais, 2017); “Sen piedade” (Xerais, 2018); “Un lume azul” (Xerais, 2019” y “Nadie contará la verdad” (Xerais, 2023), Premo Xerais de Novela. Además publicó los libros “Camiñar o Vigo vello” (Xerais, 2018) y “Pequena historia de Vigo” (2022), en coautoría con el ilustrador Xosé Tomás.

El Club de Lectura está organizado por el Área de Cultura del Ayuntamiento de Cabanas. Se trata de una actividad que se realiza de manera presencial, y las personas participantes se reúnen, normalmente, el último viernes de cada mes en la Escuela Laica (Casa de la Cultura), a las 17:00 horas, para comentar y valorar las lecturas propuestas tanto por la Animadora cultural, que es su coordinadora, como por las personas que participan en él. Es una actividad pensada para personas con inquietudes culturales, voluntad de leer y quieran expresar sus opiniones sobre las lecturas propuestas.

Como cada mes se propone una lectura, si alguna persona está interesada en participar solo tiene que ponerse en contacto con la Animadora cultural, bien de manera telefónica (981 495 959, ext.3), o bien por correo electrónico (cultura@cabanas.gal) para obtener más información y/o anotarse.

Share.

Comments are closed.