Sábado, Abril 27

Nova edición da compostaxe doméstica en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas anuncia a apertura das listas para anotarse e recibir un composteiro doméstico. Tras finalizar un novo reparto e despois do éxito das fases anteriores coménzase unha nova edición para este 2024 no marco do proxecto de “Cabanas Sostible”.

Esta iniciativa consiste na cesión gratuíta de composteiros domésticos, combinada con campañas informativas e visitas de persoal especializado ás propias vivendas para a súa implementación e, posteriormente, para realizar o seguimento e asesorar sobre o uso axeitado do equipamento. Con esta búscase a continuidade na sensibilización da poboación en materia de residuos e un novo impulso cara un municipio sostible.

Os composteiros teñen unha capacidade de 400 litros, e están fabricados en material 100% reciclado. Xunto a eles, entregarase un manual en papel impreso coa información necesaria para a correcta realización da compostaxe.

Aquelas persoas e familias que desexen formar parte desta iniciativa, poden facer a reserva gratuíta do seu composteiro cumprimentando o formulario dispoñible ao final deste artigo.

A iniciativa está financiada polo Concello de Cabanas e a Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia, no marco da convocatoria de axudas para o financiamento de actuacións destinadas á mellora da xestión dos biorresiduos.

 

FORMULARIO A CUMPRIMENTAR PARA A SOLICITUDE

 

[ES]

El Concello de Cabanas anuncia la apertura de las listas para anotarse y recibir un compostero doméstico. Tras finalizar un nuevo reparto y después del éxito de las fases anteriores se comienza una nueva edición para este 2024 en el marco del proyecto de “Cabanas Sostible”.

Esta iniciativa consiste en la cesión gratuíta de composteros doméstios, combinada con campañas informativas y visitas de personal especializado a las propias viviendas para su implementación y, posteriormente, para realizar el seguimiento y asesorar sobre el uso adecuado del equipamiento. Con esto se busca la continuidad en la sensibilización de la población en materia de residuos y un nuevo impulso cara un municipio sostenible.

Los composteros tienen una capacidad de 400 litros, y están fabricados en material 100% reciclado. Junto a ellos, se entregará un manual en papel impreso con la información necesaria para la correcta realización de la compostaje.

Aquellas personas y familias que deseen formar parte de esta iniciativa, pueden hacer la reserva gratuíta de su compostero cumplimentando el formulario disponible al final de este artículo.

La iniciativa está financiada por el Concello de Cabanas y la Consellería do Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en el marco de la convocatoria de ayudas para la financiación de actuaciones destinadas a la mejora de la gestión de los biorresiduos.

 

FORMULARIO A CUBRIR PARA LA SOLICITUD

 

Share.

Comments are closed.