Información sobre as actividades deportivas, culturais e musicais para o curso 2023/2024

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

O Concello de Cabanas informa da apertura do prazo de inscrición nas actividades deportivas, culturais e musicais para o curso 2023/2024, para o cal establécense dúas quendas:

  • Persoas empadroadas e, no caso de menores de idade, que estean matriculados no CEIP Eladia Mariño ou pertencentes a familias traballadoras no municipio de Cabanas:
    • De maneira telemática (na Sede electrónica do Concello): desde o luns 11 ata o domingo 17 de setembro
    • De maneira presencial: desde o luns 11 ata o venres 15 de setembro, en horario das 8:30 ás 13:30 horas.
  • Persoas non empadroadas:
    • De maneira telemática (na Sede electrónica do Concello): desde o luns 18 ata o domingo 24 de setembro
    • De maneira presencial: desde o luns 18 ata o venres 22 de setembro, en horario das 8:30 ás 13:30 horas.

Actividades ofertadas

Para os nenos e as nenas desde educación infantil ata a rapazada da ESO ofrécense distintas actividades(xadrez, teatro, psicomotricidade, predeporte, multideporte, multideporte ESO, judo, patinaxe e pádel), segundo o especificado na ficha de inscrición.

Para as persoas adultas ofrécense, dentro das actividades culturais, bolillos, corte e confección e teatro. Se falamos de deporte, durante este curso haberá ioga, bailes latinos, pádel, ximnasia terapéutica, pilates, tenis e ximnasia pélvica e hipopresiva.

As actividades de música, destinadas tanto a menores de idade como a persoas adultas, ofertará as actividades de iniciación á música, linguaxe musical, harmonía, análise, violonchelo, piano, música de cámara, coro e canto.

Está previsto que as actividades comecen a partir do 2 de outubro de 2023, e se extenderán, no caso dos menores de idade, ata mediados de xuño e, no caso das persoas adultas, ata finais de xuño de 2024.

Documentación a presentar

Para inscribirse en ditas actividades é preciso realizar a inscrición por rexistro, debendo presentar a seguinte documentación (ao final desta nova pódense descargar as follas que deben ser cubertas).

  • Actividades dirixidas aos menores de idade
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • No caso do alumnado non empadroado no Concello ou das familias traballadoras no municipio de Cabanas, xustificante de matrícula no devandito centro escolar ou, de ser o caso, documento xustificativo de traballo.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Ficha autorización menores de idade.
  • Actividades dirixidas a persoas adultas
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
  • Actividades musicais
    • Ficha de inscrición cuberta.
    • No caso do alumnado non empadroado no Concello ou das familias traballadoras no municipio de Cabanas, xustificante de matrícula no devandito centro escolar ou, de ser o caso, documento xustificativo de traballo.
    • Folla de domiciliación bancaria (se non se presentou en anos anteriores ou se houbo modificacións no número de conta).
    • Ficha autorización (no caso de menores de idade).

Presentación de solicitudes

A presentación de solicitudes débese facer por Rexistro, ben a través do rexistro electrónico (Sede Electrónica), ou ben de maneira presencial.

  • Presentación por Sede Electrónica
    • Acceder á Sede Electrónica de Cabanas usando un certificado válido.
    • Seleccionar o trámite Instancia Xeral.
    • Cubrir os datos e enviar a documentación (ficha de inscrición, folla de domiciliación…) como arquivos anexos á solicitude.
  • Presentación presencial
    • Entrega da documentación no Rexistro Municipal, en horario de 8:30 ás 13:30 horas.

Bonificación do prezo das actividades (só para persoas empadroadas)

Segundo a Ordenanza Fiscal nº 26 reguladora do prezo público por participación en actividades socio-culturais, deportivas e recreativas (publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) o 4 de xullo de 2018), establécense as seguintes bonificacións:

  • Participantes que sexan membros de familia numerosa (10 %).
  • Participantes membros de unidade familiar na que os ingresos per cápita non acaden o IPREM. A estes efectos entenderase como unidade familiar a composta por todas as persoas que figuren inscritas na mesma folla de empadroamento (10 %).
  • Participación de tres ou máis membros da mesma unidade familiar (10%).
  • En casos excepcionais, a Xunta de Goberno Local, ou de non existir, a Alcaldía, previo informe do Departamento de Servizos Sociais, poderá acordar a bonificación total ou parcial da contía do prezo público.

No caso de solicitar bonificación, haberá que presentar tamén a solicitude de bonificación co impreso correspondente (que se pode descargar no ao final deste artigo).

 

[ES]

El Ayuntamiento de Cabanas informa de la apertura del plazo de inscripción en las actividades deportivas, culturales y musicales para el curso 2023/2024, para el cual se establecen dos turnos:

  • Personas empadronadas y, en el caso de menores de edad, que estén matriculados en el CEIP Eladia Mariño o pertenecientes a familias trabajadoras en el municipio de Cabanas:
    • De manera telemática (en la Sede electrónica do Concello): desde el lunes 11 hasta el domingo 17 de septiembre
    • De manera presencial: desde el lunes 11 hasta el viernes 15 de septiembre, en horario de las 8:30 a las 13:30 horas.
  • Personas no empadronadas:
    • De manera telemática (en la Sede electrónica do Concello): desde el lunes 18 hasta el domingo 24 de septiembre
    • De manera presencial: desde el lunes 18 hasta el viernes 22 de septiembre, en horario de las 8:30 a las 13:30 horas.

Actividades ofertadas

Para los niños y niñas desde educación infantil hasta los jóvenes de la ESO se ofrecen distintas actividades (ajedrez, teatro, psicomotricidad, predeporte, multideporte, multideporte ESO, judo, patinaje y pádel), según lo especificado en la ficha de inscripción.

Para las personas adultas se ofrecen, dentro de las actividades culturales, bolillos, corte y confección y teatro. Si hablamos de deporte, durante este curso habrá yoga, bailes latinos, pádel, gimnasia terapéutica, pilates, tenis y gimnasia pélvica e hipopresiva.

Las actividades de música, destinadas tanto a menores de edad como a personas adultas, ofertará las actividades de iniciación a la música, lenguaje musical, armonía, análisis, violonchelo, piano, música de cámara, coro y canto.

Está previsto que las actividades comiencen a partir del 2 de octubre de 2023, y se extenderán, en el caso de los menores de edad, hasta mediados de junio y, en el caso de las personas adultas, hasta finales de junio de 2024.

Documentación a presentar

Para inscribirse en dichas actividades es preciso realizar la inscripción por registro, debiendo presentar la siguiente documentación (al final de esta publicación se pueden descargar las hojas que deben ser cubiertas).

  • Actividades dirigidas a los menores de edad
    • Ficha de inscripción cubierta.
    • En el caso del alumnado no empadronado en el Ayuntamiento o de las familias trabajadoras en el municipio de Cabanas, justificante de matrícula en dicho centro escolar o, de ser el caso, documento justificativo de trabajo.
    • Hoja de domiciliación bancaria (si no se presentó en años anteriores o si hubo modificaciones en el número de cuenta).
    • Ficha de autorización de menores de edad.
  • Actividades dirigidas a personas adultas
    • Ficha de inscripción cubierta.
    • Hoja de domiciliación bancaria (se no se presentó en años anteriores o si hubo modificaciones en el número de cuenta).
  • Actividades musicales
    • Ficha de inscripción cubierta.
    • En el caso del alumnado no empadronado en el Ayuntamiento o de las familias trabajadoras en el municipio de Cabanas, justificante de matrícula en dicho centro escolar o, de ser el caso, documento justificativo de trabajo.
    • Hoja de domiciliación bancaria (si no se presentó en años anteriores o si hubo modificaciones en el número de cuenta).
    • Ficha de autorización (en el caso de menores de edad).

Presentación de solicitudes

La presentación de solicitudes se debe hacer por Registro, bien a través del registro electrónico (Sede Electrónica), o bien de manera presencial.

  • Presentación por Sede Electrónica
    • Acceder a la Sede Electrónica de Cubanas usando un certificado válido.
    • Seleccionar el trámite Instancia General.
    • Cubrir los datos y enviar la documentación (ficha de inscripción, hoja de domiciliación…) como archivos anexos a la solicitud.
  • Presentación presencial
    • Entrega de la documentación en el Registro Municipal, en horario de 8:30 a las 13:30 horas.

Bonificación del precio de las actividades (solo para personas empadronadas)

Según la Ordenanza Fiscal nº 26 reguladora del precio público por participación en actividades socio-culturales, deportivas y recreativas (publicada en el Boletín Oficial de la Provincia da Coruña (BOP) el 4 de julio de 2018), se establecen las siguientes bonificaciones:

  • Participantes que sean miembros de familia numerosa (10 %).
  • Participantes miembros de unidad familiar en la que los ingresos per cápita non alcancen el IPREM. A estos efectos se entenderá como unidad familiar la compuesta por todas las personas que figuren inscritas en la misma hoja de empadronamiento (10 %).
  • Participación de tres o más miembros de la misma unidad familiar (10%).
  • En casos excepcionales, la Junta de Gobierno Local, o de no existir, la Alcaldía, previo informe del Departamento de Servicios Sociales, podrá acordar la bonificación total o parcial de la cuantía del precio público.

En el caso de solicitar bonificación, habrá que presentar también la solicitud de bonificación con el impreso correspondiente (que se puede descargar en el siguiente apartado).

 

Documentación para descargas:

Arquivo PDF | Horarios orientativos adultos

Arquivo PDF | Horarios orientativos nenas/os e rapaces/as

Documentación para descargar e cubrir:

Arquivo PDF | Ficha de inscrición actividades para nenos/as e rapaces/as

Arquivo PDF | Autorización menores de idade

Arquivo PDF | Ficha de inscrición actividades persoas adultas

Arquivo PDF | Ficha inscrición actividades musicais para persoas adultas e nenas/os e rapaces/zas

Arquivo PDF | Autorización domiciliación bancaria

Arquivo PDF | Solicitude bonificación persoas empadroadas

Arquivo PDF | Solicitude de baixa nas actividades

Share.

Comments are closed.