Información do programa “Xuntos polo Nadal”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Desde o Concello de Cabanas infórmase do programa de promoción do envellecemento activo e convivencia “Xuntos polo Nadal”, impulsado pola Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitarias. Está destinado ás persoas maiores que se atopen soas nestas datas, xa sexa por carencia de familiares ou amizades, perda do seu cónxuxe ou por outras circunstancias.

Prazas e destinos

En total, ofértanse un total de 540 prazas distribuídas en 280 prazas na Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense) para as persoas solicitantes das provincias de A Coruña e Lugo e 260 prazas na Residencia de Tempo Libre de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), para as persoas solicitantes da provincia de Pontevedra e Ourense.

Datas e servizos

Este programa levarase a cabo entre o día 23 de decembro de 2022 e o día 7 de xaneiro de 2023 en dúas quendas de 8 días cada unha (7 noites). A primeira quenda efectuarase no período comprendido entre o 23 e o 30 de decembro e a segunda entre o 31 de decembro e o 7 de xaneiro.

O programa comprende os seguintes servizos:

  • Estancia na residencia durante 8 días (7 noites).
  • Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa. O aloxamento en cuartos individuais terá carácter EXCEPCIONAL , require que a necesidade figure debidamente acreditada na documentación que acompaña a solicitude ou de selo caso mediante informe médico e , en todo caso, estará suxeita á dispoñibilidade e condicións establecidas no centro.
  • Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
  • Actividades de animación sociocultural.

A saída dende os puntos de orixe establecidos realizarase o dia 23 de decembro pola tarde e o regreso o dia 30 de decembro pola mañá na primeira quenda, e o 31 de decembro pola mañá e o regreso o 7 de xaneiro pola mañá na segunda quenda.

Persoas beneficiarias:

  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado nalgún concello galego.
  • Vivir so no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal.
  • Valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.

Para a selección dos participantes daráselle preferencia ás persoas que:

  • Perderan ao seu cónxuxe ou persoa coa que convivisen nos últimos anos.
  • Teñan máis idade.
  • Teñan un menor nivel de ingresos económicos.
  • Non participaran no Programa Xuntos polo Nadal en pasadas edicións. Poderanse excluir aquelas persoas que participaran neste programa en anos anteriores
    e non se adaptaran as normas de convivencia establecidas, aínda que obteñan unha puntuación que lles permita o acceso o programa

Solicitudes:

As solicitudes, acompañadas do informe social e da declaración responsable, formularase nos modelos establecidos ao efecto e estarán debidamente cubertas e asinadas pola persoa que corresponda.
Estes impresos están á disposición das persoas interesadas nesta páxina web.

Prazo e lugares de presentación de solicitudes:

Ata o día 28 de novembro de 2022 (incluído)

As solicitudes poderanse presentar nos servizos sociais comunitarios dos concellos, nos departamentos de traballo social dos centros de saúde ou hospitais, nas xefaturas territoriais ou centros sociocomunitarios dependentes da Conselleria de Politica Social e Xuventude; ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 16,4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Común das Administracións Públicas.

Prezo da praza:

As persoas participantes asistirán de forma gratuíta ao programa. Os gastos de desprazamento desde o domicilio dos adxudicatarios ata o lugar de saída que se indique nas localidades de Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra ou Vigo e viceversa serán por conta da persoa participante.

Documentación:

As persoas ás que se lle adxudique praza terán que confirmar a súa asistencia e, no momento de incorporarse ao programa, ir provistas de:

  • DNI ou pasaporte en vigor.
  • Informe médico actualizado no caso de ter algunha limitación, alerxia ou enfermidade que requira de algunha atención especial (control sanitario, tratamento farmacolóxico, alimentación, accesorio de apoio, habitación individual …etc). De nonlevar a acreditación da necesidade, non se lle prestará ningún tipo de atención especial.
  • Tarxeta sanitaria, medicación habitual necesaria e/ou accesorios para o transcurso da estadía.
  • Roupa cómoda.

Máis información | Páxina web

Share.

Comments are closed.