Cabanas acollerá desde o venres a exposición “Rostros da Memoria”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Avenida do Areal acollerá a exposición “Rostros da Memoria. Ferrol 1972”, promovida pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración das asociacións culturais Fuco Buxán, Memoria Histórica Democrática e Memoria e Dignidade.

O acto de inauguración celebrarse o venres 25 de novembro ás 16.00h, e nel participará  Xurxo Lobato, comisario da exposición, ademais de representantes das entidades promotoras. A partir dese momento, poderá visitarse até o 8 de decembro.

A través da mostra, Xurxo Lobato rende homenaxe ás persoas que sufriron a represión do franquismo polas loitas obreiras de Ferrol do ano 1972, que aínda están vivas e son merecedoras dun recoñecemento público.

Son 28 retratos realizados en branco e negro, de primeiro plano, onde se busca que a expresión do rostro co paso do tempo exprese a dor recordado pola represión, nun estilo sobrio, austero, minimalista e expresionista.

As persoas protagonistas desta mostra son Rafael Pillado, José Villar Vergara “Pepolo”, Francisco Rodríguez Sánchez, Anxo Ferreiras Currás, Suso Díaz, Ignacio Fernández Toxo, Irene Piñeiro López, Antonio Mesejo, José Luis Miraz “Pepe Julio”, Fina Piñón Seoane, Divina García Ferreño, Encarna Puentes García, Ramiro Tenreiro Pena, Manuel Díaz Montero, Fermín Goiriz Díaz, Ramiro Romero López, Fina Varela Fontán, José Loureiro Fernández, Xan María Castro, Alfonso Tellado, Evaristo Vidal Barros, José Torregrosa, Alfonso Couce Testa, Sari Alabau, Joaquín Rodríguez Castro, Raúl Pillado, Ricardo Aneiros Sixto e Antonio Martínez Aneiros.

Share.

Comments are closed.