Corte programado do tráfico na estrada DP-1502 entre Val e a Avenida de Laraxe

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa dun corte programado no tráfico que afectará á estrada DP-1502 (Avenida Barreiro – Val), desde Val até o cruzamento coa Avenida de Laraxe durante a tarde deste luns 29, e tamén o martes 30 de novembro, debido a traballos de mellora do firme por parte da Deputación da Coruña, administración titular da vía.

O Concello coordinou para garantir o paso do transporte escolar durante a xornada deste luns, tanto para o servizo do CEIP Eladia Mariño coma o IES Breamo, totalmente pechada ao tráfico no resto de momentos e para o resto de vehículos. Durante a xornada do martes, e debido á natureza dos traballos a realizar, o corte do vial será total.

Imaxe: Google Maps

Share.

Comments are closed.