Domingo, Xaneiro 23

O valor do non contado

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado sábado presentouse no Salón de Plenos da Casa do Concello o documental “O valor do non contado”, protagonizado por mulleres de Cabanas que participaron nos obradoiros organizados pola concellaría de igualdade e coordinados por Noelia Darriba, de AtaliA Social, e Naiara González.

O documental amosa as actividades e dinámicas nas que participaron as mulleres que acudiron a estes obradoiros, ao tempo que tamén revela as entrevistas persoais sobre as súas vidas, co fin de dar visibilidade e recoñecemento ao papel da muller na vida de Cabanas.

O documental pódese visualizar completo a continuación

Share.

Comments are closed.