Sábado, Abril 27

Cabanas propón achegarse a Rosalía cun ‘rosco’ e contacontos

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas conmemora desde hoxe o Día de Rosalía cunha serie de actividades de carácter lúdico para achegar a toda a veciñanza, e moi especialmente á comunidade escolar, a figura de Rosalía de Castro e a nosa lingua.

A través dun xogo interactivo tipo “rosco”, poderase completar un “dicionario” rosaliano, permitindo ás usuarias descubrir curiosidades da vida e obra de Rosalía de Castro. Este xogo está accesíbel para todos os públicos desde o enlace https://i.gal/rosalia23.

“Rosalía de Castro destacou non só polo seu papel no uso e defensa da lingua galega, senón tamén como muller empoderada” indicou a concelleira de normalización lingüística, Paula González. “A súa obra mantense en toda a súa vixencia na actualidade, e resulta necesario reivindicar continuar a espallar o seu legado”, concluíu.

Colaboración co CEIP Eladia Mariño

En colaboración coa área de dinamización lingüística do CEIP Eladia Mariño, a área de normalización lingüística do Concello de Cabanas desenvolve esta mañá unha actividade inspirada na música en conexión coas emocións e con Rosalía.

Ademais, o día 2 de marzo terá lugar un contacontos teatral adicado á poetisa. A través da personaxe de Andrea, unha xornalista saída do século XIX, o público infantil achegarase á figura de Rosalía como unha muller pioneira do seu tempo, coa inclusión deste tema a partir dun fragmento de “Lieders”. Tamén se traballará con fragmentos dos seus textos máis importantes.

Share.

Comments are closed.