Gañadoras do Concurso de Disfraces do Concello de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O pasado luns celebrouse en Cabanas a Festa do Entroido, e con el o concurso de disfraces, con premios ás persoas e grupos mellor disfrazados.

O xurado, formado polo alcalde, Carlos Ladra; o tenente alcalde e concelleiro de turismo, Iago Varela; a concelleira de cultura, Diana Rodríguez, a animadora cultural, María José López, e o representante da Asociación de Veciños “El Pinar de La Madalena”, Manuel Varela, valoraron as diferentes propostas, atendendo, entre outros, á orixinalidade e maquillaxe.

Os premios consistiron en vales para o consumo no comercio e hostalería locais.

A relación de premiados é a seguinte

Categoría Individual Infantil

1º premio: Marcos Arribas Vallo (75 €)

2º premio: Sergio Rey Caruncho (50 €)

3º premio: Leire López Prieto (25 €)

Categoría Individual Xuvenil

1º premio: Icía García López (75 €)

2º premio: Rebeca Requejo Ageitos

Categoría Colectiva

1º premio: Asociación Cabanas Rural (100 €)

2º premio: Águeda Loureiro Ferraces e acompañantes (75 €)

3º premio: Paula Orozco Ricoy e acompañantes (50 €)

Share.

Comments are closed.