Cabanas no Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama o Concello de Cabanas quere achegar á veciñanza a difusión da campaña “Saca Peito polas máis vulnerábeis” que está a desenvolver a Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Esta campaña está orientada a sinalar o agravamento da vulnerabilidade que provoca un diagnóstico de cancro na muller.

Ademais, o Concello informa que desde a sede de Ferrol da AECC propóñense as seguintes actividades:

  • Martes 19 ás 19.30h. A xefa de estilismo de Telva, Julia Martínez Pereira, será a encargada de levar a cabo a inauguración da exposición no salón de actos de Afundación en Ferrol.
  • Mércores 20 ás 18.30h. Charla “Como anticiparse ao cancro de mama“, impartida pola doutora especialista en oncoloxía médica no CHUF Rocío Vilchez Simo (Salón de Actos Afundación).
  • Venres 22 ás 19.00h Coloquio “Da cabeza aos pés“, no que participarán as psicólogas sanitarias da AECC Lucía barcia e Rosalía Fernández (Salón de Actos Afundación).
  • Sábado 23 ás 18.00h. Taller de moda Galicians in Galicia: a mellor pasarela, a rúa, impartida polas creadoras da conta de Instagram @galiciansingalicia, Claudia Paz, Paloma Fernández Couto, Paola Doallo e Fernando Díaz Pache (Salón de Actos Afundación).

Por outra banda, desde os Servizos Sociais de Cabanas levouse a cabo unha xuntanza coas integrantes da AECC de Ferrol. Nesta reunión sentáronse as bases para traballar de xeito colaborativo e incorporar hábitos de vida saudábeis na veciñanza, a través de actividades de prevención e sensibilización (tabaquismo, sendentarismo e malos hábitos alimentarios), obradoiros de deshabituación tabáquica e apoio psicolóxico.

A AECC conta cun teléfono gratuíto de atención personalizada de xeito continuado as 24 horas do día e todos os días da semana: 900 100 036.

Share.

Comments are closed.