Martes, Novembro 30

Apertura do prazo para solicitar os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Xunta, a través da Consellaría do Medio Rural, vén de informar que desde este mércores 20 de outubro pódense solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados, tarefas que permanecían suspendidas até o de agora debdio á variabilidade das previsións meteorolóxicas.

As persoas interesadas poden realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web do Medio Rural de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.

Así, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, lembramos que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

Share.

Comments are closed.