Cabanas abre a convocatoria de emprego para contratar seis persoas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas anuncia a apertura da convocatoria de emprego para a contratación de seis persoas en base ao Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña (PEL – Reactiva – 2021), para a execución de obras e servizos mínimos municipais.

Os seis contratos, de seis meses de duración cada un, serán para cubrir tres prazas de peón, dous de albanel e un/ha operario/a-condutor/a, cunha retribución bruta de mensual de 1108,33 € no caso das prazas de peón, e de 1282,31 € para as prazas de albanel e condutor/a.

Tal e como establecen as bases, publicadas no día de hoxe no BOP, as persoas a contratar deberán atoparse en situación de desemprego na data de inicio do proceso selectivo, así como atoparse nalgunha das seguintes situacións:

  1. Mulleres
  2. Maiores de 45 anos.
  3. Persoas desempregadas de longa duración (mínimo 2 anos como demandantes de emprego).
  4. Persoas con discapacidade (recoñecida nun grao igual ou superior ao 33%)
  5. Persoas en situación de drogodependencia
  6. Persoas que vivan nun fogar onde ningunha persoa teña emprego
  7. Persoas en fogar monoparental
  8. Persoas con problemas para encontrar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais
  9. Persoas vítimas de violencia de xénero
  10. Persoas sen fogar.

As persoas interesadas en optar a estas prazas dispoñen de cinco días hábiles para presentar as correspondentes solicitudes (até o venres 16 de abril, incluído).

Descarga | Publicación BOP

Share.

Comments are closed.