Lista definitiva de persoas aspirantes á Bolsa de Emprego de persoal auxiliar administrativo e convocatoria de proba

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa da publicación da relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas no proceso selectivo para a constitución dunha Bolsa de Emprego para contratacións laborais temporais de persoal Auxiliar Administravio adscrito a Servizos Sociais.

Así mesmo, convócase ás persoas aspirantes admitidas para a realización da proba da fase de oposición, para o día 13 de abril de 2021, ás 09:00 horas, no pavillón de Lavandeira, situado no Lugar de Lavandeira nº 31, Soaserra, Cabanas [ver en Google Maps]. Farase un chamamento único ás persoas aspirantes para o acceso á proba. No caso de cubrir o aforo permitido polas medidas sanitarias derivadas do Covid-19 realizarase esta en dúas quendas, debendo as persoas aspirantes agardar no exterior do pavillón o seu turno de acceso á proba.

Descarga | Resolución

 

Share.

.