Bota a andar a Rede Stelar do Camiño Inglés, con 30 establecementos turísticos, un deles en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Asociación de Concellos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña, promoveu a creación da Rede Stelar, unha rede de establecementos turísticos que apostan pola excelencia e calidade na atención ao peregrino, e que esta semana foi presentada oficialmente no acto de entrega das placas identificativas aos 30 primeiros locais, inicialmente restauración e aloxamentos dos cales un está situado en Cabanas.

O acto de entrega das placas tivo lugar no Pazo de Mariñán, e contou coa presenza do presidente da Asociación, Manuel Mirás e o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. Polo Concello de Cabanas acudiu Iago Varela, tenente alcalde e representante municipal na Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

O hostaleiro Antonio Díaz, dono do local AUTGA – Bico de Xeado, situado no Paseo da Madalena, foi un dos que recibiu o selo de calidade Stelar, pola súa oferta gastronómica, na que se empregan produtos locais, ademais de cumprir cos estándares establecidos nas bases de calidade na atención ao peregrino.

Unha rede singular

A Rede Stelar é un proxecto que ten por obxectivo conformar unha rede de establecementos turísticos en todos os municipios polos que transcorre o Camiño Inglés, e que deben apsotar pola excelencia e calidade na atención aos peregrinos, para o cal deberán cumrprir unha serie de requirimentos relacionados coa sostenibilidade, o emprego de produtos quilómetro cero, a prevención da COVID-19, e a calidade no servizo, entre outros.

O obxectivo da Asociación de Concellos do Camiño Inglés é seguir ampliandoa a Rede Stelar a novos establecementos hostaleiros e de restauración, así como tamén a outro tipo de empresa de ocio e tempo libre, de turismo náutico, artesanía ou produtos locais.

Share.

Comments are closed.