A Deputación financia o proxecto de mellora da accesibilidade peonil e de servizos na N-651 na zona urbana de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Deputación da Coruña financia o proxecto para a mellora da accesibilidade peonil e dos servizos na marxe dereita da estrada N-651 ao seu paso pola zona urbana do Concello de Cabanas.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e o alcalde de Cabanas, Carlos Ladra, asinaron hoxe o convenio polo que a Deputación achegará 180.000 euros para o financiamento das obras, un 41% do orzamento total, que ascende a 437.130,59 euros.

Segundo explicou Carlos Ladra, o obxectivo desta importante obra é solucionar a problemática existente co tráfico peonil, derivada principalmente do estreitamento da estrada, que conecta Betanzos e Ferrol e que soporta un volume elevado de tráfico, ao seu paso pola zona urbana debido ás edificacións existentes, o que diminúe o espazo destinado para as beirarrúas. “Trátase dunha primeira fase de humanización e mellora da accesibilidade nesta zona urbana onde hai comercio e negocios de hostalaría”, explicou o rexedor.

Así, a actuación incluirá, por unha banda, a adaptación das beirarrúas á normativa de accesibilidade e a supresión de barreiras arquitectónicas, renovando o pavimento e ampliando a superficie nalgúns tramos, a reorganización das prazas de aparcamento, a mellora dos pasos de peóns e a modificación da semaforización actual para reorganizar o cruce coa ‘churrería’ instalando nese punto un semáforo e desprazando o existente, coordinando así o tráfico de vehículos e peóns na zona.

Por outra banda a intervención tamén incorpora a mellora de diferentes servizos como a rede de iluminación, a de saneamento e a de abastecemento existentes.

Share.

Comments are closed.