Charla sobre as axudas para a compra, alugueiro e rehabilitación de vivendas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, en colaboración con Ámbita Oficina Técnica Integral e a consultora Alalá, organiza para este venres 13 de maio ás 19.30h no Salón de Plenos da Casa do Concello unha charla informativa sobre as axudas para a compra, alugueiro e rehabilitación de vivendas con fondos europeos.

A vivenda nos concellos de reto demográfico, como Cabanas, será un dos temas a tratar nesta conferencia, afondando nos modelos de habitabilidade, as condicións do prezo da vivenda ou o papel que xogan os concellos.

Ademais, tamén se explicarán as diferentes axudas para a compra, alugueiro e rehabilitación de vivenda vencelladas aos fondos Next Generation, e os requirimentos técnicos en materia de eficiencia enerxética e normativa de rehabilitación.

Share.

Comments are closed.