Relevo2020: plan de formación para o relevo xeracional no sector pesqueiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Varios Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), entre eles o GALP Golfo Ártabro Norte no que participa o Concello de Cabanas, veñen de pór en marcha o proxecto Relevo2020, unha iniciativa de carácter formativa dirixida a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos que busca o relevo xeracional no sector pesqueiro a través da súa capacitación.

O plan levarase a cabo entre setembro de 2020 e abril de 2021, ambos meses incluídos, e haberá dúas edicións do mesmo: a primeira de setembro a decembro de 2020 e a segunda de xaneiro a abril de 2021, independentes, polo que as persoas que estean interesadas poden apuntarse nun ou noutro de maneira indistinta.

Haberá 15 prazas por cada cuatrimestre, e a aceptación do alumnado realizarase tendo en conta a orde de inscrición e seguindo unha distribución homoxénea dentro do territorio.

A través da web relevo2020.org pódese acceder a toda a información e tamén aos formularios de inscrición nas formacións, que serán de carácter gratuíto.

Descarga | Tríptico informativo

Share.

Comments are closed.