O alumnado do obradoiro Reinicia VIII completa a instalación de trampas da procesionaria

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O alumnado – traballador da especialidade de “Actividades auxiliares en conservación e mantemento de montes” do obradoiro dual de emprego Reinicia VIII, completou a semana pasada a instalación de trampas contra a procesionaria no Piñeiral da Madalena, en Cabanas.

O obradoiro dual de emprego “Reinicia VIII”, promovido en conxunto polos concellos de Cabanas, Ares, Mugardos e Fene, confírese como un programa mixto de emprego e formación que ten como finalidade mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas mediante a realización de obras e prestación de servizo de interese xeral e social.

Un total de 20 persoas están a participar deste obradoiro, que ten unha duración de 9 meses, e conta con financiamento da Xunta de Galiza.

Share.

Comments are closed.