Nova edición do servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Os Concellos de Cabanas e Pontedeume, en colaboración coa Fundación Mujeres e a Deputación da Coruña, levarán a cabo unha nova edición do servizo de apoio integral a coidadoras no medio rural, unha serie de talleres dirixidos a coidadoras (actuais ou no pasado) de persoas dependentes, que teñen como obxectivo mellorar a súa calidade de vida.

Entre os contidos dos talleres están os de relaxación e conciencia corporal, a xestión do tempo e as habilidades de comunicación.  Terán lugar todos os mércores, a partir do 19 de outubro e até o 23 de novembro, en horario de 10.30 a 12.30 horas, e se levarán a cabo no Centro de Maiores de Pontedeume (Av. Coruña 18).

Aquelas persoas interesadas en obter máis información ou anotarse, poden dirixirse ao 981 495 959 (ext. 2). O prazo de inscrición remata o venres 14de outubro, e as prazas son limitadas.

 

Share.

Comments are closed.