Máis de 350 participantes nas actividades culturais e deportivas no curso 23-24

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

[GL]

Unha vez iniciadas as actividades culturais e deportivas no mes de outubro, o Concello de Cabanas, a través da Concellería de Cultura e Deporte fai balance das mesmas, destacando a finais do 2023, a participación dun total de 377 persoas usuarias, 218 adultas e 159 menores, con idades comprendidas entre os 3 e os 83 anos.

En canto ás persoas adultas, 54 asisten a algunha das seguintes actividades culturais: bolillos en Laraxe e Lavandeira; corte e confección en Laraxe (2 grupos) e As Viñas e teatro na Escola Laica (Casa da Cultura), mentres que 164 asisten ás seguintes actividades deportivas: bailes latinos, ioga (2 grupos) e ximnasia pélvica e hipopresiva, as cales se ofertan nas Viñas; tenis no pavillón municipal de San Martiño de Porto; Pilates (3 grupos) e ximnasia terapéutica no soto do CEIP Plurilingüe Eladia Mariño; pádel na Veiga e patinaxe (2 grupos).

No que se refire aos/ás nenos/as e rapaces/rapazas, 45 deles asisten tanto a clases musicais (iniciación á música, linguaxe musical, análise e piano) como a xadrez e teatro, mentres que 114 participan nalgunha das actividades deportivas ofertadas: judo (2 grupos), psicomotricidade, predeporte, multideporte e patinaxe (2 grupos). Con respecto ao curso pasado, hai un grupo máis de judo.

[ES]

Una vez iniciadas las actividades culturales y deportivas en el mes de octubre, el Concello de Cabanas a través de la Concejalía de Cultura y Deporte hace balance de las mismas, destacando a finales de 2023, la participación de un total de 377 personas usuarias, 218 adultas y 159 menores, con edades comprendidas entre los 3 y los 83 años.

En cuanto a las personas adultas, 54 asisten a alguna de las siguientes actividades culturales: bolillos en Laraxe y Lavandeira; corte y confección en Laraxe (2 grupos) y As Viñas y teatro en la Escuela Laica (Casa de la Cultura), mientras que 164 personas asisten a las siguientes actividades deportivas: bailes latinos, yoga (2 grupos) y gimnasia pélvica e hipopresiva, las cuales se ofertan en las Viñas; tenis en el pabellón municipal de San Martiño de Porto; Pilates (3 grupos) y gimnasia terapéutica en el sótano del CEIP Plurilingüe Eladia Mariño; pádel en la Veiga y patinaje (2 grupos).

En lo que se refiere a los/as niños/as y jóvenes, 45 asisten tanto a clases musicales (iniciación a la música, lenguaje musical, análisis y piano) como a ajedrez y teatro, mientras que 114 participan en alguna de las actividades deportivas ofertadas: judo (2 grupos), psicomotricidad, predeporte, multideporte y patinaje (2 grupos). Con respecto al curso pasado, hay un grupo más de judo.

Share.

Comments are closed.