Convocatoria fase oposición para a praza de persoal técnico de turismo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

De conformidade co establecido no punto 9.2. das bases da convocatoria para a provisión dunha praza de persoal técnico Turismo (BOP nº 76, de data 29 de maio de 2020), convócase ás persoas aspirantes para o desenvolvemento das probas da fase de oposición, que terá lugar o mércores 1 de xullo de 2020.

Con motivo da crise sanitaria xerada pola COVID-19 e, a efectos de adoptar as medidas de seguridade precisas, a proba tipo test desenvolverase no Salón de Sesión do Concello de Cabanas en tres quendas.

O listado das persoas convocadas cos horarios pódese consultar na seguinte ligazón.

Share.

Comments are closed.