Concerto de MJ Pérez no CEIP Eladia Mariño polo Día do Orgullo Neofalante

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de normalización lingüística, organiza o próximo luns 3 de outubro un concerto da creadora musical e dinamizadora MJ Pérez, no marco das conmemoracións do Día do Orgullo Neofalante.

A actividade, subvencinada pola Xunta de Galiza, terá lugar ás 11.00h no CEIP Eladia Mariño, e está dirixida ao alumnado do último ciclo de primaria. Estes grupos, poderán asistir ó concerto-charla «Sube ao Galego» con MJ Pérez, unha das novas voces no panorama actual da música galega.

“O obxectivo é promover un diálogo coa rapazada sobre a lingua e a experiencia artística, traballando sobre os diferentes referentes da mocidade e a súa relación cos valores das linguas”, indicou a concelleira de normalización lingüística, Paula González.

MJ acumula máis de 100 concertos en diferentes cidades e vilas de Galiza e Portugal, e xa ten tres álbums: un autopublicado (Ollos que non ven, síntoma de cegueira) e dous autoproducidos (Guerrilleira e Casandra). A súa música de bebe da esencia da composición, unha fusión de diferentes estilos musicais co predominio do rock-pop. A palabra e a mensaxe dos temas adquiren un protagonismo especial xunto coa súa voz, chea de personalidade.

Ademais, MJ gravará un podcast co alumnado do CEIP Eladia Mariño.

Celebración comarcal

O Día do Orgullo Neofalante estase a celebrar, ademais de en Cabanas, nos outros concellos que comparten o servizo de normalización lingüística da Mancomunidade de Ferrolterra (Cabanas, Ares, Mugardos, Neda e Valdoviño). Os cinco concellos organizaron coincidindo con esta efeméride a exposición Cantámola, que foi presentada o pasado 19 de setembro en Cabanas, e que está a percorrer os concellos do servizo.

Share.

Comments are closed.