A Xunta permite solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Consellería do Medio Rural permite desde hoxe tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido a que as condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o mércores 23 será o primeiro día para realizar queimas previamente comunicadas.

Establécese que as e os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas amoreados nas zonas que determina a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galiza nos períodos habilitados deberán comunicalo dous días antes. No caso de queimas de restos forestais amoreados, deberase solicitar unha autorización debido ao risco da actuación, sendo maior o proceso de tramitación. En todo caso, desde a Xunta de Galiza lembran que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días de vento e altas temperaturas.

As persoas interesadas poderán realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas poden facelo a través da web https://queimasweb.xunta.gal/, ou nos días laborábeis chamando ao teléfono de atención e información á cidadanía 012, nas Oficinas dos Distritos Forestais e nas Oficinas dos Servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais.

Share.

Comments are closed.