A autora María Solar participou no Club de Lectura de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A última sesión do Club de Lectura de Cabanas contou coa participación telemática da autora de “A culpa”, María Solar, con quen as asistentes puideron intercambiar impresións sobre a obra comentada.

“A Culpa” recibiu o Premio Xerais de Novela 2022, e narra dúas historias unidas por unha herdanza: mulleres atadas para sempre por un crime non cometido, unha relación que se converte en posesión, dominación e tolemia.

O Club de Lectura, organizado pola área de cultura de Cabanas, xúntase os últimos venres de mes á tarde. Aquelas persoas interesadas en participar poden dirixirse ao correo cultura@cabanas.gal ou chamar ao 981 495 959 (ext. 3) se desexan anotarse ou recibir máis información.

Share.

Comments are closed.