Convocada sesión extraordinaria do Pleno da Corporación a realizar o día 29 de outubro ás 13.30h no Salón de Plenos.
Contará coa seguinte orde do día:
- Proposta aprobación Ordenanza Fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras con finalidade lucrativa.
- Proposta Convenio de Colaboración para o desenvolvemento conxunto do transporte metropolitano de Galicia na área de transporte metropolitano de Ferrol.
A sala de plenos ten o aforo limitado pola crise sanitaria ocasionada pola COVID-19. As persoas que desexen asistir, deben facer uso da máscara de protección en todo momento, así como desinfectar as mans antes de entrar ao recinto. En calquera caso, a sesión poderá ser seguida por streaming a través da Internet