O Goberno do Estado anunciou onte un novo estado de alarma como medida para tratar de conter e expansión da COVID-19. Estas medidas concrétanse nun BOE, que se pode consultar neste enlace, e supón un marco no que os diferentes gobernos autonómicos poderán adoptar medidas concretas.
As principais medidas adoptadas neste estado de alarma son as seguintes:
- Restrición da mobilidade nocturna entre as 23.00 – 06.00h agás causas xustificadas (traballo, coidado de persoas dependentes, emerxencias…). Pode variar en función do que ditaminen os gobernos autonómicos. En Galiza, polo de agora, aplícase este horario.
- Limitación da permanencia de persoas en espazos públicos ou privados a un máximo de 6 persoas. Corresponde aos Gobernos autonómicos modular este número máximo. En Galiza esta limitación é de 5 persoas.
- Limitación de entrada / saída das Comunidades Autónomas. Correspóndelle aos Gobernos autonómicos decidir se aplican (e como aplican) esta medida. En Galiza, actualmente, non se aplica.