No marca da campaña do Concello de Cabanas polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, a Concellaría de Igualdade organiza o encontro virtual Xuntas: Quererme e valorarme como ferramenta de empoderamento e cambio social», facilitado pola traballadora social Paula Paz.
Unha das maiores trabaas á hora de querernos a nós mesmas, empoderarnos e lograr os nosos obxectivos, é a autoinvalidación interna das nosas capacidades, aprendizaxes, experiencias e logros. Non sern quen de valorar os nosos camiños dificulta a proxección cara novas metas e xera unha inseguridade limitante que nos mantén nun ámbito de aparente seguridade, comodidade ou constume, que nos impide medrar e desenrolarnos como persoas e como mulleres.
Por iso propoñemos este tema para o café online, un encontro virtual e informal dirixido a mulleres maiores de 16 anos que queiran iniciar un proceso de desconstrución destes procedos autoinvalidades, e que permita querernos e recuperar unha visión máis sá e coherente da nosa valía.
- Cando. O luns 8 de marzo ás 17 horas.
- Duración Entre 1h 30 min e 2 horas.
- Participantes: Mulleres a partir de 16 anos.
- Onde: A través da rede.
- Como apuntarse? Chamando ao 649 075 263 ou escribindo un correo a igualdade@cabanas.gal
As participantes recibirán como agasallo un colante reivindicativo do 8M coa imaxe da campaña do Concello de Cabanas,deseñada por Juanlu Nacha.