O goberno municipal reuniuse no día de onte co Comité en Galicia de UNICEF, co obxectivo de falar de políticas de infancia e participación, nomeadamente nun momento no que a situación sanitaria limita as interaccións persoais.
Desde o Concello de Cabanas e UNICEF continúase a traballar conxuntamente no marco das Cidades Amigas da Infancia, da que o noso concello forma parte.