Xuntanza coa Fundación Meniños sobre o Programa de adopcións especiais

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de servizos sociais do Concello de Cabanas mantivo esta semana un encontro coa Fundación Meniños para tratar o Programa de adopcións especiais impulsado por esta entidade.

A reunión tivo como obxectivo sensibilizar sobre o papel das familias e da poboación xeral como elemento necesario para a integración familiar de nenas, nenos e adolescentes con necesidades especiais, e crear un banco heteroxéneo de familias dispostas a adoptar nenas e nenos con necesidades moi diversas e que polas súas características teñen máis dificultade para poder atopar unha familia.

Para facer posíbel esta campaña de sensibilización, a Fundación Meniños solicitou a colaboración do Concello de Cabanas, co obxectivo de facer posíbel que esta información chegue finalmente ás familias obxectivos. Estas familias non teñen un perfil determinado, polo que se tratará de chegar á maior poboación posíbel traballando coas entidades.

Aquelas persoas interesadas en recibir máis información poden dirixirse ao correo electrónico adopcion.especial.t1@meninos.org ou ao teléfono 676 618 924.

Máis información | Folleto (pdf)

Share.

Comments are closed.