Domingo, Xuño 23

Xornadas de portas abertas de triatlón durante os sábados de maio

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A área de deportes do Concello de Cabanas informa de que a Escola “Javi Gómez Noya” Triatlón Ferrol realizará xornadas de portas abertas todos os sábados deste mes de maio no antigo campo de fútbol do Piñeiral da Madalena, en horario de 11.00 a 12.30 horas.

Ademais, a Escola de Triatlón levará a cabo un campus de verán en Cabanas entre os días 3 e 7 de xullo, en horario de 9.30 a 13.30 horas, destinado a crianzas maiores de 6 anos.

As persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades poden solicitar máis información no correo escuelajavigomeznoya@gmail.com, no teléfono 679094962 ou na web triatlonferrol.net.

Share.

Comments are closed.