Martes, Novembro 30

Cabanas acolleu a xornada “Saúde e benestar das mulleres”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas acolleu o pasado venres a xornada “Saúde e benestar das mulleres”, un evento enmarcado no programa de actividades que se están a desenvolver na campaña do 25N, Día para a eliminación da violencia contra a muller.

Durante a xornada, as persoas participantes puideron atender as ponencias de Lola Ferreiro Díaz, Tareixa Regal e Olga Romasanta, que aportaron a súa visión sobre a sensibilización en temas de saúde física, social e mental das mulleres e nenas, cunha perspectiva integral, feminista e comunitaria.

Share.

Comments are closed.