Domingo, Setembro 26

Xornada de billarda en Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A Liga Atlántica de Billarda 20-21, en colaboración coa área de deportes do Concello de Cabanas, celebrará o próximo domingo 6 de xuño a partir das 11h unha xornada de billarda no antigo campo de fútbol da Madalena.

O campionato, no que poderán participar todas as persoas interesadas, contará con tres premios (1º, 2º e 3º premio) nas categorías absoluta, feminina e infantil (14 anos ou menos).

Para anotarse é preciso realizar a inscrición previa a través da área de Deportes do Concello de Cabanas até o xoves 3 de xuño a través do correo deporte@cabanas.gal ou chamando ao 628 486 285, indicando o nome e apleidos, DNI e data de nacemento.

Share.

Comments are closed.