Xela Arias. Liberdade, solidariedade e amor pola lingua

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Na mañá deste sábado tivo lugar a sesión de contacontos ilustrado arredor da figura de Xela Arias, organizado desde a área de cultura do Concello de Cabanas, dentro da programación do “maio das Letras”, en conmemoración do Día das Letras Galegas.

O obradoiro foi facilitado polo Colectivo Polo Correo do Vento, e as persoas participantes recibiron de agasallo un libro conmemorativo da autora á que este ano a Real Academia Galega adicou o 17 de maio.

As crianzas que participaron no evento fixeron gala da súa creatividade, e seguindo as indicacións dos membros do Colectivo, reproduciron a figura de Xela Arias.

Share.

Comments are closed.