Hai uns días anunciamos a rede de mulleres Tribo, que se inicia cos obradoiros semipresenciais «A arte de coidarse», facilitados por Noelia Darriba e Naiara González. A primiera destas sesións será presentación, e terá lugar o próximo 26 de agosto ás 17h na Casa do Concello.
Os obradoiros xeraron moito interese, mais aínda quedan prazas para participar neste espazo centrado no autocoidado para a mellora do estado emocional, mental e físico a través de prácticas semanais semanais en formato de vídeo, audio e escrita que combinan diversas metodoloxías como a terapia de reencontro, o ioga, a biodanza ou a música. Desenvolveranse durante todo o mes de setembro, e permitirá que as mulleres participantes tendan a darse, permitirse, mimarse e escoitarse, así como formar unha rede, unha Tribo de apoio, acompañamento e refuxio.
As persoas que interesades en informarse ou inscribirse nos obradoiros poden chamar ao 649075263 ou escribir a través de correo electrónico igualdade@cabanas.gal.
A actividade está organizada pola Concellaría de Igualdade, e subvencionada pola Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, e cofinanciada polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020.