Visita do secretario de Estado de Turismo

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés, visitou onte á tarde Cabanas, no marco dun percorrido polos distintos concellos da comarca do Eume, co obxectivo de coñecer de primeira man os proxectos turísticos que se están a desenvolver na zona.

En Cabanas foi recibido polo alcalde, Carlos Ladra, e o tenente alcalde e edil de turismo, Iago Varela, ademais da concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez, quenes acompañaron a comitiva formada por Fernando Valdés, a subdelegada do Goberno, María Rivas, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González, por un percorrido polo Piñeiral e Praia da Madalena.

Durante o encontro, Ladra e Varela trasladáronlle ao secretario de Estado os avances do goberno municipal en materia turística, especialmente no que ten a ver coas Fragas do Eume, onde Cabanas colabora co resto de concellos da comarca do Eume na elaboración dun Plan de Sostibilidade Turística en Destino (PSTD) conxunto.

Con dito Plan, estimado en 4 millóns de euros, preténdese crear un destino máis atractivo, sostible, desestacionalizado e no que se integren activos naturais, cultuais e patrimoniais para impulsar o desenvolvemento económico e social, contribuíndo a revitalizar a comarca no seu conxunto.

Share.

Comments are closed.