Visita do Presidente da Deputación da Coruña

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou esta mañá o Concello de Cabanas acompañado do goberno local.

A xornada comezou cunha visita ás instalacións da empresa de carpintería e ebanistería Do Acibreiro, no Polígono Vilar do Colo, acudindo posteriormente á Escola Laica, edificio rehabilitado polo Concello a través de diversos plans da Deputación e que agora está a ser acondicionado para dotalo dun salón de actos.

Posteriormente, a comitiva dirixiuse á Casa do Concello, onde o Presidente da Deputación tivo un encontro coas traballadoras e traballadores do mesmo

Share.

.