Martes, Setembro 27

Visita da delegada territorial da Xunta ao Club KDM

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A delegada territorial da Xunta de Galiza en Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá as instalacións do Club de Piragüismo KDM, acompañada dunha representación do goberno municipal formada polo tenente alcalde, Iago Varela, e as concelleiras Concepción Rodríguez e Eva García; e do Club KDM, con Xurxo Carro e Antón Filgueiras. No encontro tamén participou o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Coruña, Roberto García, e o concelleiro Xosé Manuel P. Sardiña.

Durante a visita, os gobernos local e autonómico, xunto cos representantes do Club, analizaron as diferentes necesidades dotacionais que ten a entidade deportiva en materia de instalacións. Desde o goberno local reiteraron o seu compromiso na busca de alternativas que permitan levar a cabo ditas “mellores esenciais para un Club de cuxa canteira están a saír deportistas de primeiro nivel, que levan o nome de Cabanas a nivel internacional”.

Share.

Comments are closed.