Sábado, Abril 20

Valoración das obras presentadas ao certame “Muros que unen”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A concelleira de igualdade, Paula González, participou a semana pasada xunto con Doa Ocampo, Riaq Miuq, Delio Rodríguez e JM Castrillo na valoración das 34 obras presentadas ao IV Certame de Murais arredor dos ODS “Muros que unen”, unha actividade promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e financiada polo Concello de Cabanas. Ten como finalidade dar a coñecer, a través da arte urbana, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostíbel fixados polas Nacións Unidas para acabar coa pobreza e as desigualdades, ao tempo que se fomenta o pensamento crítico e a participación cidadá na construción de cidades inclusivas.

Os ODS son 17 metas globais que os Estados membros da ONU adoptaron a finais de 2015 para erradicar a pobreza, protexer o planeta e asegurar a prosperidade para todas as persoas no horizonte de 2030. Esta nova axenda de desenvolvemento abrangue temas como o xénero, a saúde, a educación, medio ambiente ou a paz. Todos os ODS entroncan de algunha maneiracoas competencias locais, de aí que o papel dos municipios sexa chave para conseguilos.

As obras presentadas ao certame tiñan que ter como temática algún dos seguintes ODS:

  • ODS 3: Garantir unha vida sá e promover o benestar para as persoas en todas as idades.
  • ODS 4: Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todas as persoas.
  • ODS 5: Acadar a igualdade entre os xéneros e empoderar ás mulleres e ás nenas.
Share.

Comments are closed.