Unhas 50 persoas acudiron á asemblea veciñal sobre o proxecto do Parque Eólico Caaveiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O sábado á mañá celebrouse a primeira asemblea veciñal informativa para tratar o proxecto do Parque Eólico Caaveiro, promovido por ENEL – Endesa, e que contempla a instalación de 14 xeradores cunha potencia de 78 megawatts repartidos entre os concellos de Cabanas, Fene, Neda e San Sadurniño, ademais da extensión de liñas de evacuación pola Capela e As Pontes. Tres dos muíños eólicos estarían situados no termo municipal de Cabanas.

No encontro participou Xavier Simón, do Observatorio Eólico Galego, unha entidade dependente da Universidade de Vigo. Simón explicou ás persoas asistentes o chamado “boom” de procesos eólicos que se está a producir no noso país, e macroproxecto no se inclúe o proxecto do Parque Eólico Caaveiro, que nestes momentos se atopa en fase de exposición pública do Informe de Impacto Ambiental e solicitude de Autorización Administrativa Previa, cun prazo de alegacións até o 27 de xullo.

O experto do Observatorio Eólico Galego puxo de manifesto as repercusións sobre o patrimonio histórico, natural e paisaxístico, cuestións que tamén foron formuladas pola veciñanza durante a quenda de intervencións producida tras a exposición do profesor da Universidade de Vigo.

O Concello de Cabanas comprométese a seguir informando sobre os avances neste proxecto e outros similares que puideran aparecer, co obxectivo de defender os intereses da veciñanza.

Share.

Comments are closed.