Ultimos meses de traballo para o alumnado do obradoiro dual de emprego “Artabroemprende”

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

A concelleira de infraestruturas e parques, Concepción Rodríguez, e a concelleira de servizos, Eva García, recibiron xunto con representantes dos concellos de Miño, Pontedeume, Paderne e Monfero ao delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, na súa visita ao alumnado do obradoiro dual de emprego “Artabroemprende“, unha acción formativa conxunta entre os cinco concellos que conta con financiamento da Consellaría de Emprego e Igualdade.

Durante a visita aos diferentes traballos levados a cabo polo alumnado do obradoiro, centrado na xardinaría, púidose comprobar a calidade da formación que se está a levar a cabo, co obxectivo de que esta sirva para ampliar as posibilidades de inserción laboral nun sector que actualmente conta con moita demanda. Ademais, a parte práctica da formación supón ao mesmo tempo a mellora de espazos públicos do concello.

O obradoiro conta cunha dotación orzamentaria de 346.946 euros, e se desenvolve en dous módulos, un de “Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes”, e outro de “Limpeza en espazos abertos e instalacións industriais” en diferentes puntos dos concellos de Cabanas, Miño, Pontedeume, Monfero e Paderne.

Share.

Comments are closed.