Últimos días da recollida de sinaturas en defensa do transporte público

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

Desde o Concello de Cabanas infórmase que nos próximos días finalizará o proceso de recollida de sinaturas iniciada a comezos de xuño para reclamar á Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade solucións ás problemáticas do transporte interurbano nos concellos da comarca.

Entre as queixas que se trasladan con esta recollida de sinaturas están as da supresión de frecuencias, o incumprimento dos horarios ou a carencia de reforzos nas paradas con máis demanda. A isto súmase o incumprimento e supresión das rutas sen previo aviso, uns horarios que non cubren a demanda real da poboación e a carencia de frecuencias suficientes, especialmente na época estival, na que se multiplican os desprazamentos.

Xunto con Cabanas, a campaña de recollida de sinaturas estase a levar a cabo tamén nos concellos da Capela, As Pontes, Ares, Fene, Ferrol, Miño, Monfero, Narón e Neda. As persoas interesadas en sumarse á mesma poden asinala no Concello de Cabanas.

Share.

Comments are closed.