Sábado, Abril 20

Últimas prazas para a representación da obra “Amén” nos Sábados Teatrais de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O vindeiro sábado, 16 de outubro ás 19h, representarase no Salón de Plenos da Casa do Concello a obra “Amén”, de Teruca Bouza (Asociación Amigos da Paisaxe Galega), no marco do ciclo “Sábados Teatrais”, que se está a desenvolver durante todo o mes de outubro en Cabanas.

“Amén” é un espectáculo de monólogos en comedia, onde todas as personaxes teñen en común a súa tolemia e que todas buscan dunha ou de outra forma o amor. A obra está dirixida por Javier Santos, e no reparto están Manuel Rojo, Lourdes Salido, Javier Santos, Ana Martínez e Fermín López.

O aforo estará limitado polas restricións sanitarias, e para participar é necesario realizar inscrición previa no correo cultura@cabanas.gal, onde se debe indicar o nome e apelidos, número de teléfono e localidade de procedencia. De quedar prazas libres, permitirase o acceso libre até completar o aforo.

O ciclo teatral continuará o 30 de outubro coa participación da compañía “Os Náufragos Teatros” e a representación da súa obra “Castrapo”.

Share.

Comments are closed.