Últimas prazas para a andaina desde Soaserra a Caaveiro

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa de que restan as últimas prazas para a andaina desde Soaserra a Caaveiro, unha actividade que terá lugar o sábado 28 de agosto, con saída ás 11.00h desde o lugar do Igrexario.

Trátase dunha ruta circular, cun percorrido de 15 quilómetros, e un desnivel de subida duns 400 metros, polo que a súa dificultade será alta. Será un roteiro qeu durará até a media tarde, polo que cada participante deberá levar o seu bocadillo.

As persoas interesadas en participar deben inscribrise enviando os seus datos ao correo deporte@cabanas.gal. Será necesario enviar nome e apelidos, NIF, teléfono de contacto e data de nacemento de todas as persoas que se anoten.

Máis información sobre a ruta neste enlace.

Share.

Comments are closed.