Onte rematou o obradoiro «Escola de Pilotos», organizado polo Concello de Cabanas a través da área de mocidade.
O obradoiro, orientado á rapazada de entre 12 e 21 anos, puideron aprender en poucos días, e da man do formador Alain Fistonich de «Espazo Vivio», a manexar diferentes tipos de drons, realizar pequenas reparacións e tamén a potenciar a súa creatividade moldeando refugallos electrónicos.
Carlos Ladra, alcalde e concelleiro de mocidade, valorou positivamente o obradoiro. «A rapazada puido pilotar drons sen medo, e sentirse auténticos pilotos e acróbatas», sinalou. Engadoiu ademais que esta actividade «non serviu só para aprender e xogar, senón tamén para abrir unha nova porta laboral, dado que a profesión de piloto de drons está a ser moi demandada en varios sectores».
A actividade serviu tamén como válvula de escape para socializar aprendendo e disfrutando neste tempo de pandemia, e cómpre destacar a colaboración de todas as persoas participantes para que a actividade se desenvolvese de forma segura.
Desde a concellaría de mocidade prevese repetir este tipo de obradoiros, abarcando outras modalidades e niveis.