Esta mañá Peio Ormazabal, navador navarro afincado en Compostela, conseguiu o reto de chegar á Praia da Madalena a nado desde a Praia de Santo Amaro, na Coruña. Na súa travesía, de máis de 20 quilómetros e unhas seis horas de duración, estivo acompañado polo grupo de Triatlón Santiago e o eumés José Rey, que compite en ironmans, ademais de outros deportistas locais que acompañaron a travesía en kaiak.
O Concello de Cabanas colaborou nunha parte da loxística desta fermosa iniciativa, e tamén o persoal de Protección Civil de Cabanas e o do Servizo de Cultura e Deporte.
Á súa chegada a Cabanas, Peio Ormazabal foi recibido polo alcalde, Carlos Ladra, o tenente alcalde, Iago Varela, e a concelleira de infraestruturas, Concepción Rodríguez.