Traballos de roza nas vías municipais de Cabanas

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas, a través da área de servizos, informa de que durante as próximas dúas semanas intensificaranse os traballos de roza lateral das vías municipais do concello, a través do reforzo mediante a contratación dun tractor adicional.

“Este reforzo estímase necesario para poder realizar con maior celeridade os traballos e manter o estado de policía dos camiños, nunha época do ano na o incremento da humidade e temperatura favorecen o crecemento da vexetación” sinalou Eva García, concelleira responsábel da área. “Grazas a este apoio externo, poderemos avanzas simultaneamente en máis camiños do termo municipal”, concluíu.

A lonxitude total desta actuación de reforzo será de 28.620 metros de vías municipais.

Share.

Comments are closed.