domingo, febrero 9

Traballos de reparación e mellora da accesibilidade no Paseo da Madalena

Google+ Pinterest LinkedIn Tumblr +

O Concello de Cabanas informa dos avances nos traballos de reparación e mellora da accesibilidade no Paseo da Madalena, onde se executaron arranxos coa recolocación de baldosas, a eliminación de cepas de piñeiros e a instalación dunha rampa para facilitar a accesibilidade.

En concreto, foron eliminadas 11 cepas de grandes dimensións de árbores que foran talladas con anterioridade e as súas raíces, que estaban a levantar baldosas do paseo, e se creou unha rampa no extremo norte para facilitar a accesibilidade nese lugar. Ademais, pegáronse un gran número de baldosas soltas.

«Os traballos de reparación seguirán avanzando no Paseo co persoal propio que se contratará cando se resolva o proceso selectivo do PEL, onde o Concello contemplou a contratación de dous albaneis», sinalou a concelleira de infraestruturas e accesibilidade, Concepción Rodríguez.

Share.

.